[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 12 DE DECEMBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Municipais » Soutomaior » A documentación
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Municipais
Soutomaior
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
O local
A documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8 9 10
SOUTOMAIOR 

A documentación

O primeiro proceso de organización da documentación levouse a cabo en 1987, dispoñéndose naquel entonces un local para a súa colocación e conservación na planta baixa da casa do concello. A remodelación posterior do edificio fixo necesario o traslado da documentación a un edificio próximo ata a súa colocación no local actual, que se levou a cabo no ano 1991, acometéndose entonces a reincorporación da documentación producida nos últimos anos, así como a reorganización e informatización dos seus intrumentos de descrición no 2006, e posteriormente no 2008, 2010 e 2012.

Co gallo da insuficiencia espacial do local preveuse na ampliación da casa do concello un novo local para o arquivo que complementa ós anteriores, no que se instalou a documentación logo da súa reorganización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado nos arquivos municipais da provincia.

O fondo documental conservado é escaso e non vai máis lonxe do ano 1854, data extrema do primeiro libro de actas conservado, debido isto, con seguridade, ó traslado da capitalidade producido anos antes, co pertinente traslado do conxunto do arquivo existente naquelas datas á parroquia de Fornelos. A documentación que se conserva presenta un aceptable estado de conservación e dispón na actualidade de inventario somero e detallado en fichas.

Son en total 2.140 unidades de instalación que ocupan 210 metros lineais de superficie e cobre un período que abarca dende 1854 ata a actualidade, con evidentes lagoas. A gran maioría pertence ó século XX e refírese á xestión económica e presupostaria do municipio a o control urbanístico.

Este conxunto documental, hoxe correctamente disposto para o seu uso e manexo, dispón dunha completa gama de instrumentos de descrición que permiten a súa valoración e recuperación. O cadro de clasificación deste arquivo e o seu inventario somero complétanse cunha exhaustiva descrición, a nivel de expediente en moitas series, a disposición de calquera interesado tanto no propio Concello coma no Arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra, tanto en soporte papel (fichas) coma informático nunha base de datos formada por máis de 15.988 rexistros diferentes.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8 9 10

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 30/10/2013 13:54
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/