En 1969 organízase desde a Deputación a I Bienal, nese momento de ámbito provincial, o concurso que naceu para lles outorgar bolsas de estudio ós artistas tamén axudaba a perfeccionar e impulsar a súa obra. Estas exposicións foron o complemento doutras actividades culturais que daquela realizaba a Deputación contribuíndo así a fomentar e promover as novas promesas.
A Bienal pasou por diferentes etapas, no inicio alternáronse as de carácter provincial, rexional e nacional para, finalmente, pasar a intercalarse esta última coa internacional desde 1974. As melloras producidas ó longo dos anos na calidade dos artistas e na montaxe das exposicións non impediron que en 1977 comezara un período de decadencia, problema que se tentou remediar co cambio das bases do concurso e a posibilidade de que a Deputación adquirise as obras e, a partir de 1982, empeza unha nova etapa na que se produciu un forte relanzamento que acadou interese nacional.
En 1990 ata as daquela Bienal Nacional e Internacional fundíronse nunha soa, pasando a celebrarse unicamente a Bienal Internacional de Arte cada dous anos. A exposición, que nacera cun carácter provincial, abre hoxe as súas portas a nivel internacional, coa consciencia de que a arte non entende de fronteiras.
|