O Centro de Primeira Acollida recibe con carácter de urxencia e por un corto período de tempo os menores de entre os 0 e 18 anos que se atopan nunha grave situación de desprotección ou cun alto risco físico ou psíquico.
Procúrase diferenzar a lactantes, preescolares e escolares, dos adolescentes e mozos, feito que solucionamos coa colaboración do resto dos centros da Cidade infantil, que reciben os nenos menores de 12 anos.
O Centro ten como obxectivos ofrecer un espazo físico no que, de forma inmediata, se lle proporciona un contexto de protección a un menor, á vez que se inicia a valoración para determinar a medida e o recurso de protección máis adecuados, así como o Plan de Intervención que se ha seguir ante a problemática tanto do menor coma de toda a situación que provocou o internamento. A capacidade do centro é de 8 alumnos, con posibilidade de ampliarse a 10 en momentos especiais.
|