[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 18 DE SETEMBRO DE 2020
   Está en » depontevedra.es » Webs temáticas » O Pazo de Lourizán
Páxina 1 2 [3] 4 5 6
O PAZO DE LOURIZÁN 




[Prema (click) para ampliar a imaxe]

HISTORIA

O pazo de Lourizán enchido de lembranzas, da memoria dos séculos, dos soños e da historia, de faladoiros, reunións políticas e artísticas en longas tardes de verán. Pasou da “Granxa” do século XV a residencia de tempada do político galego Montero Ríos, dos seus inicios conserva o pombal ameado de planta circular sendo as testemuñas desa época escasas.

Eugenio Montero Ríos, avogado e político atopou en Lourizán ademais dun lugar para o descanso un centro de referencia política e social, onde se tomaron decisións de transcendencia nacional.

[Prema (click) para ampliar a imaxe]

O Pazo de Lourizán, do mesmo xeito có resto dos pazos galegos, foi adaptándose ós tempos e as circunstancias en función da súa utilidade, de granxa a casa residencial, de lugar de veraneo a centro de investigacións forestais, mantendo un conxunto o palacio e o predio, cunha flora de carácter monumental, conservando a estructura do xardín herdeira da época de Montero Ríos.

A Deputación de Pontevedra adquire o inmoble a principios dos 40, en 1943 a firma dun convenio co Ministerio de Educación significa a cesión das instalacións para Centro Rexional de Ensinanzas, Investigacións e Experiencias Forestais e en 1946 constitúese como Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Montes. Actualmente está integrado na estructura do Centro de Desenvolvemento Sostible da Consellería de Medio Ambiente, o Centro de Investigacións Ambientais e Forestais de Lourizán ten por obxectivos principais a protección, conservación e mellora do patrimonio forestal de Galicia.


Fotografía: Anxo Rial / ArteXphoto

Páxina Seguinte Páxina 1 2 [3] 4 5 6

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 23/04/2004 07:05
Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/