[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 18 DE SETEMBRO DE 2020
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Deportes
Páxina Principal
Servizos
Deportes
Subvencións
Convenios
Festa do Deporte Provincial
Festa da Bicicleta
Escolas deportivas
2009/2010
2010/2011
Trofeos Deputación de Pontevedra

Páxina 1 [2]
DEPORTES 

Deputación de Pontevedra

BASES DE AXUDAS A DEPORTISTAS PARA A PREPARACIÓN E PARTICIPACIÓN NOS XX.OO. LONDRES 2012

BASES

BASES

A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na súa sesión ordinaria do día 27 de abril do 2011, adoptou entre outros, o seguinte acordo:

Esta Deputación Provincial dentro do labor de fomento e apoio ao deporte é consciente da importancia de formar e apoiar aos deportistas pontevedreses con opción de alcanzar unha praza no equipo olímpico nacional Londres 2012. Para iso, esta Deputación Provincial establece unhas bases de axudas para conseguir que na próxima cita olímpica se eleve a presenza de ditos deportistas respecto a Pekín 2008.

1. FINALIDADE E OBXECTO:

1.1. Estas axudas están destinadas a apoiar a aqueles deportistas pontevedreses con opcións de alcanzar unha praza no equipo olímpico nacional Londres 2012, establecendo uns criterios de selección baseados nos resultados da últimas olimpiadas e do ano 2010.

1.2. A concesión destas axudas estará suxeita a disponibilidade orzamentaria, convocándose con cargo ao orzamento da Deputación para o ano 2011 e que a continuación se detalla: 100.000,00 € (80.000,00 € olímpicos e 20.000,00 € paraolímpicos) con cargo a aplicación orzamentaria: 11/340.340.481.01.

1.3. Ditas axudas serán compatibles con calquera outras que poidan percibir ditos deportistas para o mesmo fin.

2. BENEFICIARIOS:

Poderán ser beneficiarios destas axudas os deportistas pontevedreses que cumpran os seguintes requisitos:

2.1. Ser natural e residente na provincia de Pontevedra. (Para iso deberá presentar o DNI en vigor e o certificado de empadroamento).

2.2. Posuir licenza federativa galega ou a que corresponda con modalidade olímpica durante o ano 2011. A tal efecto, presentarse o oportuno certificado da federación galega correspondente e debidamente asinado polo presidente e secretario.

2.3. Pertencer a clubs da provincia de Pontevedra, a excepción de que na súa modalidade non existan clubs de superior categoría ao que pertenzan (só valido para o punto 3.4 -Promesados requisitos técnicos deportivos)

2.4. Non estar cumprindo sanción disciplinaria deportiva ou administrativa en materia deportiva.

3. REQUISITOS TÉCNICOS DEPORTIVOS:

A Deputación de Pontevedra establece cuatro niveis/modalidades de axudas:

  • Medalla
  • Diploma
  • Asistencia
  • Promesas

Aqueles deportistas que cumpran os requisitos citados no punto dous destas bases, poderán acceder aos diferentes tipos de axudas en función dos seguintes criterios:

3.1. Medalla
Os deportistas que obtiveran medallas olímpicas noutras olimpiadas (oro, prata, bronce).

3.2. Diploma
Os deportistas que participaran nos xogos olímpicos de Pekín 2008 e conseguiron do 4º ao 8º posto nas súas respectivas modalidades.

3.3. Asistencia
Aqueles deportistas que participaran nos xogos olímpicos de Pekín 2008.

3.4. Promesa
Os deportistas que non cumpran ningún dos requisitos anteriores, poderán percibir as axudas se participaron nos Campionatos de Europa ou Campeonato do Mundo Absoluto 2010 nas diferentes modalidades olímpicas, quedando entre os doce primeiros postos.
Prevalecerá como mellor resultado o acadado no Campionato do Mundo.
Os resultados obtidos polos deportistas nos diferentes niveis non son acumulables entre sí para obter ditas axudas.

4. SOLICITUDE E DOCUMENTACIÓN:

Os interesados deberán presentar a solicitude en modelo normalizado, que facilitarán no Servizo de Deportes ou na páxina web da Deputación. www.depo.es.
Achegarase a seguinte documentación:

  • Fotocopia cotexada do DNI.
  • Certificado de empadroamento.
  • Memoria do programa de preparación do ano 2011.
  • Certificado da licenza federativa galega ou a que corresponda con modalidade olímpica do ano 2011.
  • Certificado da federación galega ou a que corresponda acreditando os resultados obtidos.
  • Declaración orixinal do deportista no que conste se solicitaron outras axudas, de non estar incurso en causas de incompatibilidade ou incapacidade para percibir subvencións da administración pública e de aceptar as axudas da convocatoria, segundo modelo aprobado, así como autorización á Deputación de optar ás certificacións da Axencia Estatal Tributaria e da Seguridade Social.
  • Declaración responsable de estar ao corrente coas obrigas tributarias da Axencia Estatal Tributaria e coa Seguridade Social.

Se a solicitude non reunise os requisitos esixidos ou calquera dos previstos no art. 70 da Lei 30/92, de 26 de novembro, requeriráselle ao interesado para que, nun prazo de 10 días hábiles, emende a falta ou presente os documentos preceptivos, indicando que, en caso de non facelo, se terá por desistido, arquivándose sen máis trámite.

5. LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN:

As solicitudes presentaranse no rexistro xeral da Deputación:

  • Diputación de Pontevedra: Avda. Montero Ríos, s/n (luns a sábado)
  • Diputacion de Pontevedra (Sede Vigo): Rúa Oporto, 3 (luns a venres)

Ou tal como se establece no art. 38.4 da Lei 30/92, de RJAPePAC.
O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincial.

6. VALORACIÓN DAS SOLICITUDES:

As solicitudes dos deportistas serán avaliadas conforme aos requisitos técnicos deportivos sinalados no punto 3 pola Comisión de Valoración, órgano colexiado composto por:

  • Presidente: O deputado-presidente da comisión de Deportes e Xuventude
  • Vogais: dous/dúas técnicos do Servizo de Deportes. Un/unha técnico do servizo de Intervención.
  • Secretario: actuará como secretario/a, sen voto, un/unha funcionario/a do Servizo de Deportes.

A Comisión de Valoración, poderá:

  1. Acadar cantos informes estime necesarios para resolver.
  2. Emitir informe respecto das solicitudes de axuda.

7. RESOLUCIÓN DA CONVOCATORIA:

A instrucción do procedemento de concesión destas axudas correspóndelle ao xefe do servizo de Deportes, que realizará de oficio cantas actuacións estime necesaria para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales debe formularse a proposta de resolución, de conformidade co previsto no art.24 da Lei xeral de subvencións.>br>A resolución da concesión deberáselles notificar expresamente a todos os solicitantes de forma fidedigna.

8. FORMA DE PAGO:

Unha vez comprobada toda a documentación presentada polos deportistas, pola Comisión de Valoración e redactado o informe de dita comisión, efectuarase o correspondente pago mediante cheque nominativo aos deportistas que resulten beneficiados.

9. PUBLICIDADE INSTITUCIONAL:

Todos os deportistas que resulten beneficiados destas axudas, comprométense a inserir a imaxe corporativa institucional na súa vestimenta deportiva, así como de asistir aos actos deportivos organizados pola Excma. Deputación de Pontevedra cando sexan requeridos, sempre e cando os seus calendarios deportivos llelo permitan.

Pontevedra, 24 de marzo de 2011


Boletín Oficial da Provincia, data 09/05/2011, número 88, páxina 6, anuncio 2011004492.

Páxina 1 [2]

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 07/10/2011 14:15
Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/