DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Premios a deportistas 2010 Gala do deporte
BASES
A finalidade é premiar ós mellores deportistas pontevedreses (masculino-feminino) polos méritos deportivos acadados no ano 2010.
PRIMEIRA: Cada Delegación Provincial das distintas Federacións Deportivas Galegas, ou, no seu caso, as propias Federacións ou Clubes, proporán ós/ás dous/dúas candidatos/as que, ó seu criterio, sexan acreedores da distinción a nivel provincial. Á proposta achegarán unha memoria explicativa dos méritos deportivos, valores humanos e outros de interese, que concorran en cada candidato/a, e todas aquelas outras circunstancias que, a nivel deportivo ou persoal, aconsellen efectuar a mesma.
SEGUNDA: Poderán ser propostos/as, como candidatos/as, tódolos/tódalas deportistas naturais da provincia de Pontevedra ou con cinco anos de residencia na mesma. Os/as candidatos/as poderán ser tanto persoas físicas como clubs.
TERCEIRA: As distintas Delegacións Provinciais, ou no seu caso as Federacións ou Clubs, presentarán no Rexistro Xeral da Deputación, ata o día 25 de xaneiro do 2011, a proposta dos/as candidatos/as, xunto co currículo de méritos de cada un deles/as e a memoria explicativa no que basee a súa proposta.
CUARTA: Para designar ó/á deportista máis destacado/a, nomearase un Xurado que estará integrado polos seguintes membros:
- Presidente: O titular da Deputación ou deputado no que delegue.
- Vogais: Nove representantes da Asociación de Prensa Deportiva.
- Seis Deputados/as provinciais, en representación dos grupos da corporación, na seguinte proporción:
- tres do Partido Popular
- dous/dúas do PSOE e un/unha do BNG
- un/unha representante das Federacións Deportivas
- un/unha representante do servizo de Deportes da Deputación Provincial de Pontevedra
- Secretario: O titular da Corporación ou funcionario/a en quen delegue.
A resolución do Xurado, así como a composición das persoas que o integran farase público o mesmo día da súa celebración e daráse a coñecer a través dos medios de comunicación social e participaráselles ás diversas federacións, ós/ás candidatos/as e ós/ás deportistas premiados/as.
QUINTA: Á parte das nominacións formuladas polas federacións e clubs, o Xurado terá a facultade de propoñer nominacións.
SEXTA: O Xurado designará, así mesmo, de entre os/as deportistas seleccionados/as ós que, polos seus méritos, considere como máis destacado/a do ano 2010, nomeándo/a “DEPORTISTA PROVINCIAL DO ANO”.
SÉTIMA: O Xurado designará “un premio especial” á entidade ou empresa que pola súa colaboración e axuda á promoción do deporte provincial sexa merecedora do mesmo.
A decisión do xurado darase a coñecer mediante unha acta que, pasará a coñecemento do presidente ou órgano competente en quen delegue para prestarlle a súa conformidade.
OITAVA: A entrega de distincións efectuarase no transcurso da “FESTA PROVINCIAL DO DEPORTE”, que a tal fin organizará a Deputación Provincial de Pontevedra, facéndose público, durante a mesma, o nome dos/as premiados/as, non levando ditos premios ningún tipo de aportación económica.
|