[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MÉRCORES, 11 DE DECEMBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Municipais » Forcarei » A documentación
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Municipais
Forcarei
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
O local
A documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8 9 10
FORCAREI 

A documentación

A primeira actuación do Servizo Técnico do Patrimonio Documental no arquivo do Concello de Forcarei desenvolveuse en 1991, conseguíndose centralizala documentación nun só local e a instalación e disposición para a súa adecuada conservación e manexo. En sucesivas etapas levouse a cabo a adaptación ó novo cadro proposta a nivel nacional para organizar arquivos municipais, a incorporación de novos fondos documentais e a informatización dos instrumentos de descrición.

Rematado o último proceso de organización e descrición dos fondos documentais conservados no concello de Forcarei inventariáronse un total de 3.214 unidades de instalación, con documentos que teñen como datas extremas os anos 1822 ata a actualidade, sendo en todo caso maioritariamente do século XX, con notorias e constatadas perdas documentais.

Notable ausencia son a práctica totalidade dos libros de actas do Pleno anteriores a 1922, agás do período 1850-1854, e a ausencia de testemuños do funcionamento da Xunta Municipal de Asociados. A maior parte da documentación, seguindo o patrón típico dos arquivos municipais desta provincia é recente e pertence ás seccións de Facenda e Servizos, especialmente relacionada coa xestión e control presupostario, as contribucións territoriais rústica e urbana e o control e fomento urbanístico.

Dispón esta documentación de guía, cadro de clasificación, inventario somero e inventario detallado, cun total, neste caso, de 21.429 rexistros, a disposición de posibles usuarios na propia casa do concello e no Arquivo da Deputación Provincial.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8 9 10

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 07/09/2016 09:45
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/