[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 12 DE DECEMBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Municipais » Pontecesures » O local
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Municipais
Pontecesures
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
O local
A documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 4 [5] 6 7 8 9 10
PONTECESURES 

O local

A casa do concello é unha moderna edificación inaugurada no ano 1975, concibida como un espacio único, con amplas aberturas ó exterior que lle proporcionan gran luminosidade; está ademais adaptada ó terreo con varias plantas semisoterradas. En posteriores actuación procedeuse á compartimentación interior na procura dunha maior funcionalidade e operatividade na disposición dos diferentes servicios municipais.

O local dedicado a arquivo municipal ocupa unha parte lateral do semisoto do edificio, con acceso directo por unha escalinata dende as propias oficinas situadas na planta principal; presenta unha estructura practicamente cadrada, dividida en dúas salas intercomunicadas, logo da súa recente ampliación, o que permitiu duplicar a súa superficie e, ó mesmo tempo, dispor de luz natural e ventilación directa no local.

Conta o arquivo con algo máis de setenta e dous metros cadrados útiles. Neste local instaláronse en fases sucesivas os equipamentos necesarios para as funcións de almacenamento e tratamento documental; na actualidade ten unhas boas condicións de habitabilidade, mellorables en canto a ventilación e iluminación; dispón de algo máis de cento cincuenta e un metros lineais de estantería metálica, ocupados na súa maior parte, mesa de consulta, deshumidificador e ficheiro.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 [5] 6 7 8 9 10

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 02/12/2005 11:30
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/