[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 12 DE DECEMBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Municipais » Tomiño » A documentación
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Municipais
Tomiño
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
O local
A documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8 9 10
TOMIÑO 

A documentación

Conta o arquivo municipal de Tomiño cun total de 5.834 unidades de instalación que conteñen documentos dende o ano 1893 ata a actualidade, constatándose logo palpables perdas documentais e carencias notorias daqueles testemuños da actividade desta institución no século dezanove e boa parte do XXl en moitas das series documentais.

A documentación existente na actualidade presenta un bo estado de conservación pero destaca pola notable ausencia de moitos documentos, especialmente notables nalgunhas series.

A documentación xerada polos órganos de goberno, tanto unipersoais como colexiados apenas representa un 8% do total e nela aprécianse as máis significativas carencias, especialmente as dos libros de actas do Pleno anteriores a 1901, ou a documentación xerada pola Alcaldía antes de 1934.

A xestión administrativa, recollida na correspondencia, no rexistro, nos documentos e expedientes relativos ó persoal municipal ou á contratación, que corresponde á sección administración do cadro de clasificación, supón aproximadamente un 15% do total dos fondos, con testemuños na correspondencia dende 1932 e relativos ó persoal dende 1897 como os máis antigos.

Ó redor do 39% supón o volume documental da sección servicios con especial significación da tramitación de licencias de obra a particulares, das obras municipais e das industrias, que no primeiro caso conservan documentos dende 1923, dos padróns de habitantes dende 1937 e das quintas 1928, non sempre con tal continuidade.

Por último a sección de Facenda que recolle a documentación contable e referida ós arbitrios e taxas municipais representa un 48% do total con certa continuidade dende finais do século pasado.

Este conxunto documental, hoxe correctamente disposto para o seu uso e manexo, dispón dunha completa gama de instrumentos de descrición que permiten a súa valoración e recuperación. O cadro de clasificación deste arquivo e o seu inventario somero complétanse cunha exhaustiva descrición, a nivel de expediente en moitas series, a disposición de calquera interesado tanto no propio concello coma no Arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra, tanto en soporte papel (fichas) coma informático, nunha base de datos formada por 29.303 rexistros diferentes.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8 9 10

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 09/09/2016 08:31
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/