[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 12 DE DECEMBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Municipais » Tomiño » Introducción
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Municipais
Tomiño
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
O local
A documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 [4] 5 6 7 8 9 10
TOMIÑO 

Introducción

O concello de Tomiño está situado no sur da provincia de Pontevedra, a carón do último tramo do río Miño que lle serve de fronteira con Portugal; ten unha superficie superior ós 102 quilómetros cadrados, cun total de quince parroquias nas que se asentan 134 entidades de poboación diferenciadas e algo máis de dez mil habitantes, o que supón unha densidade de poboación superior ós 103 habitantes por quilómetros cadrados, superior á media galega.

O territorio do actual concello de Tomiño distribuíase antes do seu establecemento constitucional en oito xurisdiccións diferentes: as de Amorín, Barrantes, Currás, Forcadela, Goián, Sobrada, Tebra e Tomiño, dependentes do bispo e cabido de Tui, dos propios veciños, da Encomenda de Beade e de varios señores.

Nos períodos de vixencia constitucional anterior a 1836 contémplase a existencia de varios concellos distintos neste territorio; en concreto no ano 1821 existían os de Tebra, Barrantes, Amorín, sobrada, Tomiño e Goián.

Na definitiva reforma do ano 1836 estableceuse a creación inicial deste concello dentro do Partido Xudicial de Tui e integrado polas parroquias de Tomiño, Barrantes, Figueiró Estás, Goián, Piñeiro, Sobrada, Taborda, Forcadela, Amorín, Currás, Santa María de Tebra, Pinzás, San Salvador de Tebra e Vilameán, cun total de 8.115 almas.

Foron moitos os intentos que nestes anos se produciron para formar novos concellos segregando parte das parroquias que o integran. Empezaron xa no ano 1839 cando os veciños de Goián intentan crear un municipio independente; esta tentativa repítese en 1844 polos mesmos veciños e, ó mesmo tempo, polos de Sobrada, Piñeiro e Taborda que tamén buscan crear un concello propio. En 1847 serán os veciños de Sobrada, Piñeiro, Currás Amorín e Taborda os que soliciten formar concello diferenciado.

Por outra parte foron varios os intentos de formar entidades locais menores en diferentes parroquias do concello, todos eles sen froito permanente ningún. Todo isto deriva na existencia actual do mesmo concello, formado por igual número de parroquias e co mesmo territorio ca no ano 1836.

A primeira actuación para a organización dos fondos documentais levouse a cabo no ano 1989, acometéndose dende entón novos procesos de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade, incluíndo a ampliación dos locais.

O resultado final e actualizado destes traballos, desenvoltos nas fases sucesivas polo Servicio Técnico do Patrimonio Documental, reflíctese de xeito somero neste inventario e no cadro de clasificación específico que de seguido se presenta e no inventario detallado, impreso e informatizado, do que dispón o Concello para o manexo destes fondos e para o seu usufructo eficaz tanto por parte da Administración coma por posibles usuarios.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 [4] 5 6 7 8 9 10

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 07/01/2004 08:42
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/