[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MÉRCORES, 11 DE DECEMBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Municipais » Catoira » Introducción
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Municipais
Catoira
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
O local
A documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 [4] 5 6 7 8 9 10
CATOIRA 

Introducción

O concello de Catoira, situado na zona norte da costa pontevedresa, ó fondo da ría de Arousa, conta con 31,5 km2 de superficie correspondente a catro parroquias distintas nas que se atopan 29 entidades de poboación e algo máis de 3.500 habitantes.

En etapas anteriores ó establecemento constitucional deste concello, as actuais parroquias de Abalo e Dimo formaban parte da xurisdicción de Cordeiro, adscrita ó arcebispado de Santiago, e as de Catoira e Oeste da xurisdicción de Sobran, dependente do conde de Maceda.

Nos períodos de vixencia constitucional anterior a 1836 non se contempla a existencia do concello de Catoira senón o de Dimo, estando ademais incluído este territorio no partido xudicial de Padrón ata que en 1822 pasa ó de Caldas de Reis.

Na definitiva reforma do ano 1836 non se contemplaba a creación inicial deste concello pero a reclamación dos mordomos das catro parroquias ó xefe político conseguiu o establecemento dun concello propio con capitalidade en Catoira e integrado no partido xudicial de Caldas de Reis. Dende entón non se produciron variacións significativas neste concello.

De este funcionamento continuado do Concello ata a actualidade xorde un conxunto documental, conservado parcialmente, que foi obxecto de sucesivos tratamentos por parte do Servicio Técnico do Patrimonio Documental.

A primeira actuación para a organización dos fondos documentais levouse a cabo no ano 1989, data a partir da cal se acometeron novos procesos de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade incluída á mellora do local.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 [4] 5 6 7 8 9 10

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 18/10/2007 13:57
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/