DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

Introducción

Soutomaior é un pequeno concello situado na costa pontevedresa, entre as áreas urbanas de Pontevedra e Vigo, enclavado nas cuncas dos ríos Verdugo e Oitavén, que o atravesan. Fórmano dúas únicas parroquias, Soutomaior e Arcade, nas que habitan algo máis de cinco mil habitantes.

Pertencía este territorio á antiga xurisdición do seu mesmo nome, que abarcaba no seu día as parroquias de Soutomaior, Insua, Barbudo, Anceu, Forzáns, Berducido, Fornelos, Calvos, Traspielas e Pazos, correspondendo o seu señorío ó duque e señor de Soutomaior; á súa vez o coto de Arcade dependía do arcebispado de Santiago.

A partir da creación das provincias e o establecemento constitucional dos concellos en 1936, xorde o concello de Soutomaior, integrado no Partido Xudicial de Redondela, xunto ós de Mos, Redondela e Pazos de Borbén. Formaban este municipio as parroquias de Arcade, Calvos, Estacas, Fornelos, Laxe, Soutomaior e Traspielas, cun total de 1.256 veciños e 5.244 almas.

No ano 1870 prodúcese a segregación definitiva das parroquias de Calvos, Estacas, Fornelos, Laxe e Traspielas para formar o novo municipio de Fornelos de Montes, quedando o de Soutomaior formado polas parroquias que o compoñen hoxe en día.


Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/