DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

O local

A casa do concello é un edificio de baixo e planta, que combina a pedra e o aluminio como elementos construtivos, formada por dous corpos laterais sobresaíntes unidos por un corpo central; todo o conxunto foi dotado de amplas ventás que caracterizan o seu aspecto exterior.

Inicialmente constrúese entre 1954 e 1960 cun só corpo lateral e unha ala central; entre 1984 e 1987 refórmase e amplíase construíndo un corpo simétrico ó outro lado e cos mesmos materiais, adaptándose ó terreo polo que se consegue un aproveitamento en semisoto nesta nova ala ampliada. Ó mesmo tempo habilítase boa parte da baixocuberta.

O local dedicado a arquivo ocupa precisamente o espazo aproveitado no soto do edificio, téndose ampliado nos últimos anos a costa da zona prevista inicialmente para garaxe de vehículos municipais. Esta ampliación permitiu que o arquivo dispuxera de luz natural e ventilación.

Supón un espazo dividido en dúas zonas comunicadas, cunha superficie total de coarenta e dous metros cadrados, dotado dos equipamentos para a función de depósito e tratamento documental.

Como queira que este local no foi suficiente para dispor a totalidade da documentación, na espera de remtar a ampliación da casa do concello ténse habilitado un novo depósito local nun edificio próximo á casa do concello.


Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/