DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

O local

A actual casa do concello é unha moderna construcción que se rematou en 1980; organizada en catro volumes de diferentes alturas, integrouse no contorno dunha ampla praza, tomando como material principal formigón armado, estructuras metálicas e abundante acristalamento.

Dentro desta mostra de construcción civil contemporánea a maior parte das oficinas e o propio arquivo atópanse na planta baixa, nunha situación idónea que permite o seu uso frecuente. O local dedicado a arquivo ten forma rectangular, con ventilación e iluminación suficientes, contando coas adecuadas condicións de habitabilidade e cos equipamentos necesarios para as súas funcións de conservación e información documental.

O local dispon dun total de trinta e oito metros cadrados nos que se instalou recentemente estantería metálica compactada na procura dun maior aproveitamento espacial posible.


Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/