DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

O local

A casa do concello éunha edificación de 1932, relativamente moderna, cun bo estado de conservación, distribuída en baixo e planta á que se lle fixo unha recente reforma que permitiu o seu desenvolvemento en altura mediante o aproveitamento do baixo cuberta, espazo no que se situaron logo da ampliación dúas salas que acolleron arquivo municipal.

Esta reforma conlevou o traslado do arquivo dende a planta baixa ata esta nova localización, garantindo unha superficie abondo para os fondos existentes daquela. O paso dos anos fixo insuficiente estas instalacións e decidíuse o traslado do arquivo municipal a unha sala da planta baixa do Edificio Pazos, á carón da oficina de Correos (R/Luis Cubelas, 1),

Tal e como se aprecia no plano, o arquivo disponse nunha sala dotada de equipamentos para a súa finalidade.


Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/