DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

A documentación

A documentación do arquivo municipal de Cangas foi debidamente organizada, coa súa total clasificación e descrición no ano 1987 por parte do persoal do Servizo Técnico de Patrimonio Documental e Bibliográfico, de acordo co procedemento e cadro de clasificación usado daquela nos arquivos municipais da provincia.

Resultaran máis de 2.119 unidades de instalación, instaladas en caixas de arquivo, e máis de 1.980 libros, que naquel proceso levaban una instalación e descrición diferenciada.

Custodiábase daquela un importante volumen documental con notorias testemuñas do século dezanove: documentación de quintas dende 1790; dos orzamentos dende 1859; das obras municipais dende 1836; da contribución rústica dende 1841 e dos consumos dende 1818. En todo caso a maior parte do fondo, como é habitual pertence ó século XX e refírese a xestión contable e ó control da actividade urbanística dos particulares.

Sucesivas disposicións físicas, traslados, carencia de espazos e outros avatares impediron ata o ano 2008, pese a reiterados intentos anteriores, iniciar o proceso de reorganización de acordo coa normalización iniciada no ano 1996 nos arquivos da provincia, adaptándose á proposta consensuada a nivel nacional.

Nesta primeira actuación conseguíuse a incorporación de 2.119 unidades de instalación, correspondentes á práctica totalidade das licenzas de obras, estando prevista a continuidade do proceso de reorganización, incorporación documental e informatización dos instrumentos de descrición para facilitar o seu manexo e consulta, elaborándose a tal fin una base de datos do inventario detallado dos expedientes e documentos con 33.385.


Copyright © 2002-2021, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/