DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

Introducción

Formada pola parroquia de Nosa Señora do Sagrario de Pazos de Reis, que pertence ó concello de Tui, ten unha superficie total de 615 hectáreas nas que residen 1.113 habitantes, distribuídos nos lugares de Anxo, Arraial, Palláns, Poboanza, Porteliña, Rollo, Seixa, Vidueira e Muíños.

A Entidade Local Menor constitúese no ano 1926, con certa oposición por parte de veciños de Tui.

Actualmente ten a súa sede con carácter provisional nunha escola e centro cultural, propiedade da Entidade, por ter sido expropiada a anterior casa por mor da construcción da autovía Vigo-Tui. Atópase en construcción unha nova na subida ó monte Aloia.

Conserva un total de cento dez unidades de instalación, con documentos dende 1924. Entre eles está a totalidade das actas dos órganos de goberno desde a súa constitución en 1926.

O 71% do total corresponde a xestión e control presupostario, tendo certa relevancia cuantitativa as series de obras e urbanismo así como os aproveitamentos de madeiras. Testemuñalmente existe documentación relacionada co monte Aloia e o seu Padroado e das relacións da Entidade Local co propio Concello de Tui, ó que incluso chegou a axudar para a construcción da súa casa do concello.


Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/