DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

O local

A casa do concello foi construída no ano 1781 por un emigrante brasileiro retornado, ocupando na actualidade a totalidade da edificación coa adquisición da metade levada a cabo recentemente. É un edificio en pedra, distribuída en baixo, planta e con aproveitamento baixo cuberta.

Dispón dunha fermosa fachada porticada na súa planta baixa con balconada corrida en primeira planta, abrindo a edificación a unha ampla praza na que se insire.

O local do arquivo ocupa o baixo cuberta, parcialmente abufardado, con acceso directo dende as oficinas mediante escaleira metálica de caracol. Un amplo local de forma irregular, distribuído en tres salas de diferentes dimensións, cunha superficie útil de cento trinta e catro metros cadrados, con espacio laterais para o almacenamento de materiais diversos.

Conta o local con ventilación e iluminación natural, dotado de illamento térmico e condicións de habitabilidade e equipamentos que garanten o axeitado cumprimento das súas funcións de conservación e servicio documental.

Neste local instaláronse, tal e como reflicte o plano, douscentos corenta metros lineais de estantería metálica rañurada, suficientes para a documentación actual e as sucesivas incorporacións; conta con mesa de traballo e consulta, ficheiro metálico e equipo informático de uso exclusivo, así como aparato deshumidificador.


Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/