DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

O local

A actual casa do concello é unha edificación distribuída en baixo e dúas plantas, rematado no ano 1997 xunto cunha praza remozada a carón da anterior sede municipal. Destaca especialmente a gran cantidade de vans, en aluminio verde, e a balconada central.

O local de arquivo ocupa na actualidade unha parte do soto, adicado ata entón a garaxe, logo do seu traslado dende o espacio que viña ocupando na ala dereita do segundo piso, pasando a ocupar un espacio inicialmente non previsto para este fin e cunhas deficientes condicións de luminosidade e ventilación.

Presenta unha forma rectangular con preto de sesenta metros cadrados de superficie total. Conta con mesa de consulta, ficheiro e estantes metálicos, cun total de 304 metros lineais útiles, logo da última ampliación acometida no ano 2017


Copyright © 2002-2021, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/