DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

A documentación

No remate do proceso de organización inventariáronse un total de 2.910 unidades de instalación correspondentes ó fondo documental conservado do antigo concello de Setados e do actual das Neves, con documentación que alcanza o periodo dende 1842, agás algúns documentos excepcionais dende 1787.

En todo caso o cambio de capitalidade, algún constatado proceso de reciclaxe de papel e as condicións ambientais implicaron a desaparición dunha parte de documentación que debería de existir, chegando de tódolos xeitos unha boa porcentaxe da mesma ata os nosos días.

Conta o arquivo cos instrumentos de descrición para a súa consulta a diferentes niveis: cadro de clasificación, inventario somero e inventario detallado a nivel de expediente, en tódolos casos tanto en soporte informático como en papel ou ficha. A base de datos resultante do inventario detallado dispón de 21.052 rexistros correspondentes cada un deles a descrición dun expediente, documento ou libro.

A maior parte do volume documental corresponde ó seculo vinte, resultado maiormente da xestión económica do concello e da prestación de variados servicios, especialmente os relacionados coas obras. Non presenta este fondo singularidades especiais, sendo notables as perdas nos libros de actas do antigo Concello de Setados.


Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/