DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA |
http://www.depontevedra.es/ |
O local O arquivo municipal encóntrase na casa do concello, edificio singular en granito construído nos primeiros anos da década dos cincuenta e remozado no periodo comprendido entre 1985 e 1992. O local adicado específicamente á conservación do volume documental existente disponse no semisótano da casa do concello, con acceso dende o exterior e anexo á biblioteca municipal, ocupando na actualidade tres salas. Nestas instalacións leváronse a cabo no seu día obras para mellora-las condicións de habitabilidade, espacio, iluminación e ventilación, así como da seguridade necesaria para a axeitada conservación documental. De todo elo resultan tres salas rectangulares, con forma alongada, duns 70 metros cadrados de superficie, cunha altura próxima ós tres metros e medio, remozadas na súa totalidade, nas que se forn dispondo según o foi requerindo a capacidade de almacenamento a estanteria metálica na que ubica-las unidades de instalación. Contan ademáis estes locais con deshumidificador, ficheiro e mesa de consulta e traballo. |
|
Copyright © 2002-2021, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124 http://www.depontevedra.es/ |