DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

O local

A actual casa do Concello, de recente construcción, supón unha sensible mellora nas instalacións e equipamentos municipais, dispondo na súa concepción dun espacio adicado a arquivo municipal na planta superior, que ven a resolver unha sentida carencia dos últimos anos.

Esta nova edificación intégrase nun tamén novo entorno cunha ampla praza e nunha área de novo desenvolvemento urbanístico. É unha ampla estructura, desarrollada horizontalmente, con baixo, planta e baixo cuberta, que cubre inicialmente as necesidades da entidade local.

Ocupa o arquivo unha boa parte da planta superior, próxima ós noventa metros cadrados, abufardada, con deseño irregular en forma de “L”. Dispoñen estas novas instalacións dos debidos equipamentos para a súa función, de axeitadas condicións de ventilación e luminosidade, estantería metálica suficiente, ficheiros e mesas de consulta, sistemas contra incendios e porta de seguridade.


Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/