DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

A documentación

Rematadas as sucesivas actuacións de organización e descrición dos fondos documentais conservados no arquivo municipal inventariáronse un total de 1.344 unidades de instalación, con documentos que presentan unhas datas extremas do período interanual que vai dende 1870 ata 2014.

Os fondos documentais conservados dende a creación do concello refírense ós presupostos municipais e á contribución territorial rústica. Os libros de actas do Pleno non van máis alá do ano 1881 e o referido ó persoal, en concreto ó persoal sanitario, alcanza ó ano 1876.

A maior parte dos fondos son producidos no pasado século vinte, alcanzando o como data extrema o ano 1931 nas distintas series documentais de eleccións, educación ou padrón municipal de habitantes.

Este conxunto documental, hoxe correctamente disposto para o seu uso e manexo, dispón dunha completa gama de instrumentos de descrición que permiten a súa valoración e recuperación. O cadro de clasificación deste arquivo e o seu inventario somero complétanse cunha exhaustiva descrición, a nivel de expediente en moitas series, a disposición de calquera interesado tanto no propio concello coma no Arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra, tanto en soporte papel (fichas) coma informático, nunha base de datos formada por 13.901 rexistros diferentes.


Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/