DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

O local

A casa do concello é un edificio exento en pedra, distribuído en baixo, planta e baixo cuberta no que se dispón o salon de sesións. A parte central da fachada resáltase cunha balconada apoiada nunha triple arcada de medio punto.

O arquivo municipal ocupa un pequeno local na ala esquerda da planta baixa, con planta rectangular e unha superficie total de doce metros cadrados, que serve de depósito ós fondos documentais nel conservados, con axeitadas condicións de habitabilidade e luminosidade e cos equipamentos suficientes para a súa función de depósito documental.


Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/