[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 12 DE DECEMBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » ..... » ..... » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Municipais » Mondariz-Balneario » Introducción
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Municipais
Mondariz-Balneario
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
O local
A documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 [4] 5 6 7 8 9 10
MONDARIZ-BALNEARIO 

Introducción

O concello de Mondariz-Balneario ocupa unha superficie non superior ós 2,5 quilómetros cadrados, cunha única parroquia, a de Nosa Señora de Lourdes, e tres entidades singulares de poboación: Pazo, San Pedro e Mondariz-Balneario. Nelas residen algo máis de setecentos habitantes.

Inclúese este territorio no partido xudicial de Ponteareas e na comarca xeográfica do Condado; no antigo réxime pertencía á provincia de Tui ata a división constitucional. Neste proceso de establecemento definitivo dos concellos, culminado en 1836, dentro do que entón era partido xudicial de Ponteareas, establécense os concellos de Mondariz, Ponteareas, Setados e Salvaterra de Miño.

O concello de Mondariz-Balneario xorde como escisión do concello de Mondariz a finais do ano 1924, logo dunha previa segregación parroquial que supuxo a creación da parroquia de Nosa Señora do Carme de Troncoso, nos comezos do século vinte, logo denominada Nosa Señora de Lourdes. Tamén se produciu a constitución inmediatamente anterior dunha Entidade Local Menor nesta parroquia, o que vén a se-lo antecedente directo da súa segregación e configuración como concello diferenciado. Dende entón ata a actualidade mantense esta realidade administrativa, configurándose como un dos concellos máis pequenos do Estado.

Do funcionamento continuado desta entidade local derívase un conxunto documental, conservado parcialmente, que foi obxecto de sucesivos tratamentos por parte do propio concello e nos últimos anos polo Servicio Técnico do Patrimonio Documental, ata a actual situación na que se dispón dunha superficie suficiente e axeitadamente equipada para a súa conservación, tratamento e consulta a carón das oficinas municipais.

O primeiro proceso organizativo levouse a cabo no ano 1989, acometéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade para estes procesos. Así mesmo tense organizado e descrito nos últimos anos o fondo documental do Xulgado de Paz.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 [4] 5 6 7 8 9 10

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 30/07/2008 13:22
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/