Descrición breve das instalacións
A Escola Infantil está situada no edificio da Cidade Infantil Príncipe Felipe. Consta de oito aulas, unha para cada grupo de idade. Nas aulas de 2 e 3 anos temos un lavabo adaptado aos nenos/as. Nas aulas de 0 a 1 e de 1 a 2 ademais dunha zona de aseo diferenciada temos unha zona de descanso. A cociña é a da CIPF, que se encarga da elaboración dos menús; despacho de dirección e recepción, sala de reunións para profesores/as e pais/nais, un vestíbulo e distribuidor, unha aula de usos múltiples (entre eles os usos máis destacados, o de aula audiovisual ou de psicomotricidade e comedor) e baños para o persoal, un deles para diminuídos. Ten un patio exterior ao que se accede pola porta principal do edificio. O exterior está tratado con materiais adecuados ao seu uso, zona de xogos, porche cuberto e xardín con herba. Toda a edificación, que ten 487,32 m2 pertence á Deputación de Pontevedra.
Descrición breve dos recursos e materiais
Dispón do equipo necesario para a execución das tarefas e actividades docentes e para a realización do servizo. Este equipo componse de berces para a sala de descanso; mesas e cadeiras para as aulas; armarios e estantes para almacenar os materias didácticos. A cociña conta cos utensilios necesarios para o servizo de comedor.
|