[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 12 DE DECEMBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Municipais » Mondariz » A documentación
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Municipais
Mondariz
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
O local
A documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8 9 10
MONDARIZ 

A documentación

Integran, como xa dixemos, o arquivo do Concello de Mondariz, na actualidade 2.377 unidades de instalación, que supoñen, con certa aproximación, uns 230 metros lineais de documentación, colocadas en estantería metálica, en caixas de cartón ríxido, cunha numeración correlativa.

O fondo conservado corresponde na súa maior parte ó século vinte, aínda que conta con bastantes documentos illados do século dezanove; presenta, en xeral, un bo nivel de conservación.

Este conxunto documental foi clasificado en catro grandes seccións, de acordo co novo cadro de clasificación proposto para o conxunto dos arquivos dos concellos.

A sección GOBERNO, que inclúe, basicamente, aquela documentación xerada polos órganos persoais e colexiados do propio Concello, supón algo menos do tres por cento do total do fondo documental. Destacan especialmente os libros de actas do Pleno, nos que faltan os correspondentes ós primeiros anos, conservándose dende 1854, e os dos outros órganos colexiados, tales como a Comisión Municipal Permanente, completos dende 1924, agás aqueles períodos nos que non existiu este órgano.

A documentación da sección ADMINISTRACIÓN, referida ó propio funcionamento interno do Concello, supón algo menos do catorce por cento do total, sobresaíndo polo seu volume a correspondencia, que non conserva documentos anteriores a 1911; os libros de rexistro de entrada e saída de documentos, ou a documentación referida ó persoal municipal, con testemuños, neste caso, dende 1895.

Algo maior é o volume que ocupan os fondos da sección SERVIZOS, un trinta por cento do total destacando aquela documentación relacionada coa xestión e control das obras municipais ou particulares, do control das instalacións industriais e comerciais e de urbanismo, a pesar de corresponder na súa maior parte ó século XX.

Destacan tamén nesta sección os padróns de habitantes e as súas alteracións dende 1851, e os libros de nacementos, defuncións e matrimonios das diferentes parroquias, conservados dende 1841, anteriores á creación dos rexistros civís no ano 1870 e antecedentes destes.

Cómpre salientar, ademais, a documentación relacionada coas quintas e recrutamentos, conservada na súa práctica totalidade dende 1873. Así mesmo, aquela referida ás eleccións e censos electorais, dende 1843.

Algo máis da metade do volume documental corresponde á sección de FACENDA cun cincuenta e tres por cento do total; sobresae toda aquela que ten relación coa elaboración e xestión dos presupostos ordinarios municipais, conservada dende 1855, anque soamente con certa continuidade a partir de 1925.

A documentación sobre impostos e taxas ten abundantes testemuños do século dezanove, especialmente na documentación referida á contribución territorial rústica e urbana, dende 1851, ou ó funcionamento da Xunta Pericial, dende 1857.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8 9 10

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 07/02/2018 10:48
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/