[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
SÁBADO, 19 DE SETEMBRO DE 2020
   Está en » depontevedra.es » ..... » ..... » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Entidades Locais Menores » Morgadáns » Introducción
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Entidades
Locais Menores
Morgadáns
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 [4] 5 6 7
MORGADÁNS 

Introducción

A parroquia de Santiago de Morgadáns, pertencente ó concello de Gondomar, ten unha superficie total de 1.530 hectáreas, nas que residen 1.158 habitantes, distribuídos nos lugares de Avelosa, Baralla, Batizosa, Camiño Branco, Carballás, Carballeiras, Entreviñas, Xende, Gonde, Guillufe, Hervillás, Lago, Morfido, Padróns, Picouso, Pedra, Prado, San Roque, Vilas e Viñó.

Pertencía esta ferigresía no Antigo Réxime á Xurisdicción Real de Baiona; logo da Constitución de Cádiz e durante os breves períodos liberais, funcionou Morgadáns como concello propio ata a configuración definitiva de 1836, ano en que foi incluído no concello de Gondomar, perdurando esta situación ata a actualidade a pesar das demandas dos veciños; estes xunto cos de Chaín, xa en 1844, pedían formar un concello propio con capital en San Roque de Morgadáns.

A Entidade Local Menor de Morgadáns constituíuse como tal o 7 de agosto de 1932 coa consideración de “pobo agregado”, por estimar o concello de Gondomar derogado o Estatuto municipal de 1924 e utilizarse para o efecto a Lei municipal de 1877. Co gallo da guerra civil española sobre un parón no seu funcionamento, sen chegar a ser suspendida; volve a emprendelo seu funcionamento habitual a partir de 1955.

Ten a súa sede no barrio de Pedra e dispón no seu patrimonio de varias escolas e montes, entre os que destaca o monte de Galiñeiro, Caldeirón e outros.

Conta o arquivo da Entidade Local con noventa e nove unidades de instalación, con documentos do período comprendido entre 1918 e 2005. Deste conxunto destacan as actas dos órganos de goberno entre 1955 e 2003. A referida ó patrimonio municipal, dende 1918, e ós aproveitamentos de madeiras dende 1955 a 2004.

O maior volume corresponde á sección de Facenda (71% do total), dende 1955.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 [4] 5 6 7

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 21/06/2005 09:04
Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/