[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MÉRCORES, 30 DE SETEMBRO DE 2020
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Medio Natural » Webs temáticas » 25 anos Areeiro
Páxina [1] 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14
25 ANOS AREEIRO 

presentación - actividades - a Finca Areeiro - exposicións

Presentación

Dentro do Programa de comunicación e sensibilización social (CSS), a Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación organiza a sétima edición da Semana da Ciencia en Galicia no marco da Semana Europea da Ciencia e da Semana estatal. Con ista iniciativa preténdese involucrar á cidadanía na ciencia e na tecnoloxía mediante actividades de divulgación que desperten a curiosidade do público.

Por vez primeira, A Estación Fitopatolóxica do Areeiro (Deputación de Pontevedra) participa na Semana da Ciencia en Galicia cunha serie de exposicións interactivas e conferencias en 4 cidades de Galicia (Pontevedra, Santiago, Ourense e Vigo), para difundir a actividade investigadora realizada dende os seu inicio. Este centro leva 25 anos de investigación aplicada, orientada a diferentes campos dos sectores forestal, agrícola e ornamental, e durante este tempo, participou en numerosos proxectos I+D+I nacionais e internacionais, financiados por diversas entidades, tanto públicas como privadas.

Con esta acción, os obxectivos que se pretenden conseguir son:

  • Achegamento aos distintos niveis de educación e ao público en xeral, da investigación práctica e aplicada que leva a cabo a Estación Fitopatolóxica do Areeiro no sector das ornamentais logo de 25 anos participando en proxectos I+D+I en colaboración con outros centros e empresas do sector.
  • Dar a coñecer os servizos e tipos de análises que levan a cabo na Estación Fitopatolóxica do Areeiro, cuxas técnicas e protocolos puxéronse a punto como consecuencia dos proxectos I+D+I desenvolvidos no centro, e que xa están a disposición do público: identificación rápida de patógenos mediante técnicas moleculares (PCR), novas técnicas de control de pragas mediante técnicas de loita biolóxica e integrada , detección de novos patógenos na nosa comunidade a súa incidencia e danos, análises de chans, ensaios de eficacia de produtos fitosanitarios.
  • Difusión dos traballos de investigación aplicada no campo da vide, realizados na Estación Fitopatolóxica do Areeiro durante os 25 anos do seu funcionamento.
  • Promover o interese de distintos sectores da sociedade pola ciencia e investigación agraria.
[Prema (click) para ampliar a imaxe]

Páxina Seguinte Páxina [1] 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 08/11/2007 10:00
Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/