O local
O arquivo municipal atópase na casa do concello, edificio exento con baixo, de extraordinaria altura e dotado dunha relevante arcada, e dúas plantas, unha delas parcialmente abufardada; o interior deste edificio foi recentemente rehabilitado na súa meirande parte; acolle esta edificación os diferentes servicios municipais así como a biblioteca, gardería, museo e sala de exposicións.
O local específico do arquivo atópase nunha sala rectangular, nun dos laterais da sala de exposicións da segunda planta. Neste espacio instaláronse un total de setenta e cinco metros lineais de estantes metálicos para a colocación das unidades de instalación en caixas de cartón ríxido, que son suficientes para os fondos existentes na actualidade. Carece o local de luz natural e ventilación suficiente, pero dispón de mesa de traballo e consulta
|