[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 12 DE DECEMBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Municipais » Cuntis » A documentación
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Municipais
Cuntis
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
O local
A documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8 9 10
CUNTIS 

A documentación

Rematadas as sucesivas actuacións de organización e descrición dos fondos documentais conservados no arquivo municipal inventariáronse un total de 3.025 unidades de instalación, con testemuños documentais que presentan unhas datas extremas do período interanual de 1855 ata 2016; a pesar deste dato, a práctica totalidade da documentación corresponde ó século vinte.

Aínda que o volume documental ten certa entidade, son moitas as perdas documentais que se constatan unha vez rematado o proceso de organización e descrición da documentación. As eleccións non se conservan máis alá de 1906; as quintas dende 1891 ou os padróns de habitantes dende 1936. Incluso se perderon os libros de actas anteriores a 1855.

Destaca polo seu volume a documentación da sección Facenda, especialmente a referida ó presuposto ordinario, cunha notable continuidade dende 1870; ou as contribucións de rústica e urbana dende os anos 1860.

Este conxunto documental, hoxe correctamente disposto para o seu uso e manexo, dispón dunha completa gama de instrumentos de descrición que permiten a súa valoración e recuperación. O cadro de clasificación deste arquivo e o seu inventario somero complétanse cunha exhaustiva descrición, a nivel de expediente en moitas series, a disposición de calquera interesado tanto no propio Concello coma no Arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra, tanto en soporte papel (fichas) como informático nunha base de datos formada por 24.412 rexistros diferentes.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8 9 10

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 20/12/2016 10:46
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/