[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 12 DE DECEMBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » ..... » ..... » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Municipais » Fornelos de Montes » Introducción
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Municipais
Fornelos de Montes
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
O local
A documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 [4] 5 6 7 8 9 10
FORNELOS DE MONTES 

Introducción

O territorio do concello de Fornelos de Montes, que se sitúa no leste da provincia de Pontevedra, limita coa provincia de Ourense, no concello de Avión, e cos concellos de Ponte Caldelas, A Lama, Covelo, Mondariz, Pazos de Borbén e Soutomaior.

Ocupa unha superficie superior ós setenta e sete quilómetros cadrados, con vintecatro entidades de poboación dispersas nas súas sete parroquias: Calvos, Estacas, Fornelos, Laxe, Oitavén, Traspielas e Ventín, nas que residen algo máis de dous mil habitantes.

Esta área xeográfica formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela da xurisdicción de Soutomaior, con señorío do duque de Soutomaior.

Iniciado o proceso de constitución dos concellos no século dezanove intégranse estas parroquias no concello de Soutomaior, na división artellada para o Partido Xudicial de Redondela.

Como tal, o concello de Fornelos de Montes foi creado no ano 1870, con cinco parroquias segregadas do concello de Soutomaior: Calvos, Estacas, Fornelos, Laxe e Traspielas, logo de varios intentos que comezaron xa en 1842.

Con posterioridade, nos inicios do século vinte, creáranse dúas novas parroquias, segregadas da de Fornelos, aínda que se mantivo a mesma superficie territorial do concello.

Do funcionamento continuado do concello ata a actualidade xorde un conxunto documental, conservado parcialmente, que foi obxecto de sucesivos tratamentos por parte do Servicio Técnico do Patrimonio Documental, tralos cales derivou na actual situación: un local debidamente equipado para a súa conservación.

A primeira actuación para a organización dos fondos documentais levouse a cabo nos anos 1991-1992, data a partir da cal se acometeu un novo proceso de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade, incluída a mellora dos equipamentos do local.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 [4] 5 6 7 8 9 10

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 18/03/2005 14:30
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/