[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 12 DE DECEMBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Municipais » Porriño, O » Introducción
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Municipais
Porriño, O
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
O local
A documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 [4] 5 6 7 8 9 10
PORRIÑO, O 

Introducción

O territorio do concello do Porriño sitúase no suroeste da provincia de Pontevedra, na comarca da Louriña, dentro do espacio natural do Baixo Miño. Linda cos concellos de Vigo, Mos, Ponteareas, Salceda de Caselas, Tui e Gondomar.

Ocupa unha superficie superior ós sesenta e un quilómetros cadrados, con cento trece entidades de poboación dispersas nas súas actuais oito parroquias: Atios, Budiño, Cans, Chenlo, Mosende, Pontellas, O Porriño e Torneiros, nas que residen cáse que dezasete mil habitantes.

Esta área xeográfica formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias integrábanse daquela na xurisdicción do Porriño, dependente do conde de Salvaterra de Miño, agás Budiño con xurisdicción propia dos veciños.

Neste territorio, nos primeiros anos do século dezanove, chegaron a funcionar concellos en Mosende e O Porriño. Iniciado o proceso de constitución definitiva dos concellos actuais, no século dezanove, dentro do Partido xudicial de Tui, créase o concello do Porriño, integrado daquela por sete parroquias, aínda que coa mesma estructura superficial. Con posterioridade, en 1904, créase a parroquia de Cans, segregada da de Atios; ademais dende 1920 funciona a Entidade Local Menor de Chenlo.

Deste funcionamento continuado do concello ata a actualidade xorde un conxunto documental, conservado parcialmente, que foi obxecto de sucesivos tratamentos por parte do Servicio Técnico do Patrimonio Documental, tralos que derivou na actual situación: un local debidamente equipado para a súa conservación, tratamento e consulta.

A primeira actuación para a organización dos fondos documentais levouse a cabo no ano 1993, data a partir da cal se acometeron novos procesos de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade, incluída a mellora do local, no ano 2003.

O resultado final e actualizado destes traballos, desenvoltos nas fases sucesivas polo Servicio Técnico do Patrimonio Documental, reflíctese de xeito somero neste inventario e no cadro de clasificación específico que, de seguido, se presenta e no inventario detallado, impreso e informatizado, do que dispón o Concello para o manexo destes fondos e para o seu usufructo eficaz tanto por parte da Administración coma por posibles usuarios.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 [4] 5 6 7 8 9 10

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 03/11/2003 13:03
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/