[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 12 DE DECEMBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Municipais » Baiona » A documentación
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Patrimonio Documental Provincial
Arquivos Municipais
Baiona
Ficha técnica
Fondo. Norma ISAD(G)
Introducción
O local
A documentación
Cadro de clasificación
Inventario
Arquivo gráfico

Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8 9 10
BAIONA 

A documentación

Rematadas as sucesivas actuacións de organización e descrición dos fondos documentais conservados no arquivo municipal inventariouse un total de 5.690 unidades de instalación, con documentos que presentan unhas datas extremas dende 1542 ata 2016.

Consérvase un elevado conxunto documental do século dezanove e incluso de certa importancia de séculos anteriores, especialmente os libros de actas do Pleno e de contas do Concello dende 1542, con notable descontinuidade e lagoas. As quintas e milicias alcanzan ata o ano 1741, con continuidade no século XIX; as eleccións consérvanse dende 1835, a documentación referida ás obras de particulares dende 1882 e a das contribucións rústica e urbana dende 1836.

Xunto coa documentación organizada, derivada directamente da xestión municipal, consérvase unha colección documental, disposta en 83 unidades de instalación, que inclúe fondos variados, especialmente referidos ó Hospital Sancti Spiritus, coa documentación máis antiga, dende 1320, que se gardaba no seu día no moble de arquivo que ten o Concello.

Pola necesidade de restauración do moble de arquivo, hoxe xa felizmente rematada, procedeuse a dispor e inventariar de forma somera esta colección, cunha numeración independente e a instalala nun local diferenciado, garantindo a súa conservación e posibilidade de manexo e consulta.

A totalidade deste conxunto documental, hoxe correctamente disposto para o seu uso e manexo, dispón dunha completa gama de instrumentos dedescrición que permiten a súa valoración e recuperación. O cadro de clasificación deste arquivo e o seu inventario somero complétanse cunha exhaustiva descrición, a nivel de expediente en moitas series, a disposición de calquera interesado tanto no propio Concello coma no Arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra, nunha base de datos formada por 39.061 rexistros diferentes.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8 9 10

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 06/09/2016 11:42
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/